O BNG presenta unha moción pedindo a cesión do campo de fútbol de San Xoán

Iván Rivas y María do Mar López en rolda de prensa | Adán Puentes

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou unha moción que defenderá no pleno municipal que se celebra este xoves na que propoñen solicitar á SAREB, «como consecuencia da participación pública maioritaria no seu capital social«, a cesión do antigo campo de fútbol de San Xoán.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, considera que «cómpre aproveitar as modificacións introducidas na xestión da SAREB para acadar esta vella reivindicación da cidade de ferrol e dos veciños e veciñas de San Xoán» e lembra que esta proposta vai na liña exposta polo propio goberno central de habilitar ao coñecido como “banco malo” para ceder vivendas ou parcelas a entidades públicas ou entidades non lucrativas, incorporando así a súa utilidade social e reforzando a súa capacidade de colaboración con organismos públicos e entidades non lucrativas con experiencia e competencias no ámbito da vivenda social.

Neste contexto convén situar esta vella demanda da cidade de Ferrol e máis concretamente dos veciños e veciñas do barrio de San Xoán que levan anos reivindicando a cesión ao Concello da parcela que acollía o antigo campo de fútbol, propiedade da SAREB, «para que sexa adicada a usos dotacionais tan necesarios no barrio e que redundarían en beneficio do conxunto dos veciños e veciñas de Ferrol

O BNG lembra que o Consello de Ministros ven de aprobar un Real Decreto-lei que modifica o réxime xurídico da Sociedade de Xestión de Activos procedentes da reestruturación bancaria, máis coñecida como a SAREB. Esta modificación permitirá un aumento do peso do Estado no seu capital social, até superar o 50%, a través do Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria, O FROB.

A SAREB creouse en 2012 para sanear os balances bancarios e xestionar e liquidar os créditos e inmobles das entidades suxeitas a reestruturación como consecuencia da crise financeira.

Lea también

Desvíos de tráfico de las obras de humanización de la FE-14 Ferrol

El Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible avanza en la ejecución de las obras de …