Gran victoria do O Esteo ante o Unión Arroyo

Instante do encontro do O Esteo ante Unión Arroyo | Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) O Esteo xogaba este sábado seu oitavo partido en As Somozas, máis dous en Fene, e facíao cunha magnífica vitoria ante o Unión Arroyo de Valladolid, terceiro clasificado, por 8-4.

Comezaban ben os locais cun tanto de Cokito que rematou so no segundo pau un saque de córner, pero pouco despois anotaban os vallisoletanos un tanto que o propio Cokito estivo a piques de sacar baixo paus.

Voltaba a adiantarse O Esteo tras un gol a media altura de Failde sen deixar caer o balón, pero dous tantos consecutivos do equipo branco, un golazo dende a súa pista de Adrián que pillou adiantado a Failde e outro de Diego nunha contra volteaban o marcador. Pero antes do descanso, Aitor nun disparo cruzado poñía as táboas.

Nos últimos minutos o ambiente crispouse un pouco, dado que o terceiro gol visitante chegou cun xogador local no chan e na xogada posterior con ocasión moi clara do O Esteo, e cun visitante en idéntica situación, si se parou o xogo.

Un dos colexiados non soubo templar gaitas neses acalorados momentos e os ponteses viron moitas tarxetas neses minutos ata o descanso, sendo expulsado Guillán (18´).

A parte positiva é que isto espoleou ao cadro de Marcos e Senén e tamén ao público, e no segundo tempo viuse un vendaval pontés cun tanteo de 5-1 neses segundos vinte minutos.

Tres importantes puntos para O Esteo que suma 26 na quinta posición, pero so cinco por riba do descenso nunha Liga moi igualada na que aínda queda moita tela que cortar. Próxima complicada visita ao Sala Ourense.

O Esteo: M. Failde, Guillán, Héctor, J. Failde, Troncho – Cokito, Alberto, Jhony, Dani.

CD Unión Arroyo: Josué, Adrián, Javier, Virgilio, Cristóbal – Jaime, Diego, Mario.

Goles: 1-0, Cokito (7´), 1-1, Mario (9´), 2-1, JFailde (11´), 2-2, Adrián (15´), 2-3, Diego (16´), 3-3, Alberto (18´). 4-3, Troncho (23´), 5-3, Héctor (31´), 6-3, Troncho (35´), 6-4, Adrián (35´), 7-4, Alberto (37´), 8-4, Jhony (39´).

Incidencias. Amarelas a Héctor, Alberto, Troncho, Marcos Leal, Miguel Martínez, Adrián e Cristóbal. Expulsado con doble cartón Guillán (18´) e con vermello directo Javier (38´). Uns 60 espectadores no Pavillón das Somozas.

Lea también

Narón acolle o “XXIII Trofeo de Baile Deportivo Cidade de Narón” e o “Campionato Galego de Standard”

O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, e o presidente do Club de Baile Deportivo Narón, …