O BNG convoca as entidades veciñais de Ferrol par abordar as restriccións nos servizos municipais

Iván Rivas y María do Mar López en rolda de prensa | Adán Puentes

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol invitou às asociacións veciñais de Ferrol a manter unha reunión o vindeiro mércores, 9 de febreiro, ás 18 horas no edificio do Antigo Hospicio de Ferrol co obxecto de abordar as restricións existentes nos servizos municipais.

Desde o BNG levan recibindo nos últimos meses moitas queixas de veciños e veciñas e de moitas entidades a respecto das dificultades que supoñen as restricións impostas nas administracións públicas para realizar algún trámite administrativo, ben sexa, pola necesidade de obter cita previa, a dificultade que supón para moitas persoas acceder á administración electrónica, porque moitas oficinas administrativas aínda están pechadas ao público e mesmo polas dificultades, ademais do gasto, que supón a atención telefónica.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG no Concello de Ferrol, sinala que «invitamos ás entidades veciñais co ánimo de buscar unha solución en beneficio do conxunto de veciños e veciñas da nosa cidade, para coñecer as súas demandas e tentar desenvolver unha proposta para que os servizos administrativos volvan á normalidade

Considera, tamén, que para o BNG o «obxectivo prioritario debe ser garantir os dereitos dos veciños e veciñas, facilitarlles o desenvolvemento dos trámites administrativos, da participación política e do goce das instalacións municipais que até o de agora permaneceron pechadas ou coa necesidade de acudir aos mesmos con cita previa ou atención telefónica con todas as dificultades e atrasos que iso produciu

Así mesmo o BNG considera que é «perfectamente asumible reverter estas medidas e garantir a seguridade tanto dos veciños e veciñas como dos traballadores e traballadoras municipais

Lea también

FeC denuncia o lamentable estado dos parques caninos

Ferrol en Común denuncia «o estado lamentable no que se atopan os parques caninos da …