Derrota de O Esteo en As Somozas ante A Estrada Futsal no sábado de Entroido

Héctor ante A Estrada Futsal | Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) Derrota do O Esteo no pavillón das Somozas 1-2 ante unha A Estrada Futsal que lle ten tomada a medida este ano pois tamén ganou na ida 6-5.

Décimo partido do O Esteo en Somozas, máis dous en Fene, no que os visitantes aproveitaron un mal pase de Javi que lle custou un gol a seu irmán, que nada puido facer, obra do ferrolán Caínzos, e un segundo gol que entrou tras petar nos dous paus.

Por parte pontesa apenas puido recurtar distancias Héctor cun gran gol de tiro cruzado, desperdiciando os verdes moitas ocasión no segundo período.

Seguen os de Marcos e Senén quintos con 35 puntos, e necesitan un triunfo máis, ou catro puntos, que lle dean tranquilidade. Difícil será que os consigan en sendas visitas consecutivas a Coruxo e Albense, que se xogan o descenso, pero hai nove partidos para facelo.

O Esteo: M. Failde, Cokito, Guillán, Jhony, Troncho – Jandro, Héctor, J. Failde, Alberto.

A Estrada Futsal: Yago, Pablo, Samu, Moro, Caínzos – Jorge, Pepe, Marcos, Alex, Rober.

Goles: 0-1, Caínzos (12´), 1-1, Héctor (17´). 1-2, Moro (23´).

Incidencias: Amarelas a Guillán, Jhony e Jorge. Uns 60 espectadores no Pavillón das Somozas en partido que alternaba co Somozas-Viveiro.

Lea también

Adrián Orjales, Mejor Deportista del Año de Valdoviño

El arquero internacional Adrián Orjales fue proclamado como el Mejor Deportista del Año durante la …