Fuco Buxán y Memoria Histórica Democrática critican que los actos del 10 M no se celebren de manera conjunta

Fot. Galicia Ártabra

La Asociación Cultural Fuco Buxán y Memoria Histórica Democrática han criticado que no se desarrollen de manera conjunta y unitaria los actos del 50 aniversario del 10 de Marzo, cuando en el año 1972 fallecieron dos trabajadores de la antigua Bazán, en Ferrol, durante una movilización en la que los operarios reclamaban tener un convenio colectivo propio.

Estas dos entidades, han emitido un comunicado, en el que señalan que «iniciamos, coa rolda de prensa celebrada o 5 de Outubro pasado, toda unha serie de actividades para conmemorar este 50º Aniversario do Dez de Marzo de 1972 e das mobilizacións de Setembro en Vigo. Actividades que desde os ámbitos da Cultura, da Memoria, do Sindicalismo, o Feminismo, os Movementos Sociais, terán lugar, ao longo do presente 2022, na maioría dos Concellos de Ferrolterra-Eume-Ortegal.

Unha conmemoración que non só ten por obxecto – que tamén – o recordo daqueles feitos e o recoñecemento aos seus protagonistas, senón que busca consolidalos para o presente e para o futuro como referente dos valores solidarios, como a capacidade de loita do mundo do traballo organizado, da sociedade civil organizada, en defensa permanente das condicións laborais, da liberdade e a democracia, dos servizos públicos, da saúde, o ensino, a cultura, a igualdade, de todo o que conleva unha vida máis digna e de maior calidade para toda a sociedade.

O chamamento para facer os actos unitarios non foi posible

O pasado día 20, faciamos un chamamento, para este Dez de Marzo, a que os actos conmemorativos desa data fosen UNITARIOS.. Avogabamos por UNHA SOA MANIFESTACIÓN que integrase a todos os Sindicatos de clase, a toda a cidadanía.

Hoxe lamentamos profundamente que isto non fose posible e síganse celebrando – 50 anos despois – dúas manifestacións e dúas ofrendas florais.
Lamentamos profundamente que a distinción proposta para este ano, polo Grupo de Goberno do Concello de Ferrol, para Amador e Daniel, que contaba co apoio tamén dos Grupos de Ferrol en Común e do Partido Popular, non saíse adiante na Xunta de Portavoces, e queden sen ela neste 50º Aniversario.

Porque Amador Rey e Daniel Niebla, non eran, nin militantes comunistas nin membros do xurado de empresa, nin afiliados a CCOO, Amador e Daniel eran simplemente traballadores comprometidos coa causa obreira e coa urxencia de traer a democracia; eran persoas solidarias cos seus compañeiros e coa sociedade que querían cambiar, por iso estaban alí, ese día e a esa hora, correndo riscos con xenerosidade e con entereza e por iso foron asasinados. Calquera distinción a Amador e a Daniel, o é a toda a clase traballadora e a toda a cidadanía democrática.

O veto do BNG

Lamentamos profundamente que a proposta realizada por CCOO ao Parlamento de Galicia fose vetada polo Grupo Parlamentario do BNG, impedindo, neste 50º Aniversario, conmemorar os sucesos do 10 de Marzo en Ferrol e de Setembro en Vigo, cunha Declaración Institucional da Cámara que é o máximo órgano democrático elexido pola cidadanía galega, gústenos ou non a súa composición.

Lamentamos profundamente que acordos similares que foron posibles en pasados recentes, tamén co BNG, como para facer do 10 de Marzo o Día da Clase Obreira Galega, non sexan posibles coa actual dirección, neste momento transcendental en que se cumpre medio século daqueles feitos e a necesidade de buscar vías de unidade entre a Clase Obreira é imprescindible.

Lamentámolo profundamente e animamos a todas e a todos, por encima das estratexias conxunturais a reflexionar sobre a certeza dos nosos posicionamentos e as razóns dos demais. Viva a Clase Obreira Galega e Universal! Viva o Dez de marzo! » finaliza el comunicado

 

 

 

Lea también

Inauguración en Ferrol de la «II Festa do Marisco de Semana Santa»

Se celebra hasta el próximo domingo bajo una carpa en el muelle ferrolano de Curuxeiras …