Inaugurouse, na Agrupación Instrutiva de Caamouco, a mostra ‘Mulleres, do íntimo ao público’

No centro social da Agrupación Instrutiva de Caamouco inaugurouse a exposición ‘Mulleres, do íntimo ao público’, de Marta Paz, comisariada por Rocío Fraga e que forma parte do programa do 8M preparado pola entidade cultural.

e estará dispoñible no centro social da Agrupación Instrutiva de Caamouco durante todo o mes de marzo.

Ao acto de apertura asistiu unha trintena de persoas, así como a  Concelleira de Cultura, Alma Barrón, e a derradeira mestra da Agrupación, Maica Canedo, que tamén participará o vindeiro día 20 no acto de inauguración do espazo ‘O xardín das mestras’.

‘Esta exposición é un conxunto de reflexións plásticas sobre como nos vemos as mulleres, como nos percibimos de forma individual, en momentos íntimos, e como fomos sumisas no relato histórico, pero tamén como somos suxeitos políticos do cambio e agora recoñecidas grazas ao movementos feministas’, indica Marta Paz. ‘As mulleres destas obras, ás veces a propia artista, ás veces mulleres anónimas, e ás veces mulleres rescatadas da historia, son pezas clave na construción social. Na construción da propia identidade para poder entender e transformar a identidade colectiva. Como nos percibimos, como nos perciben e como queremos ser percibidas’, engade a autora.

A mostra poderase visitar durante todos os sábados e domingos de marzo en horario de 12:00 a 14:00 horas. 

Lea también

Inversión de 123.000€ en dos proyectos de obras en Sillobre y Barallobre, Fene

  El Ayuntamiento de Fene acaba de finalizar dos obras relacionadas con los servicios básicos …