O BNG desenvolveu un roteiro histórico para conmemorar o 50 aniversario do Día da Clase Obreira

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol desenvolveu na mañá deste domingo un roteiro histórico para conmemorar o 50 aniversario do Día da Clase Obreira Galega e lembrar os sucesos e a loita obreira de marzo do 72 na nosa cidade.

O BNG quixo aproveitar esta data para reivindicar a memoria daqueles feitos, reivindicar a necesidade de que sexan coñecidos polo conxunto da sociedade e que non se silencien nin oculten. Ademais Iván Rivas, portavoz nacionalista en Ferrol, salientou que «cómpre lembrar que daqueles sucesos xurdiron cousas trascendentais para o futuro deste país, porque aqueles feitos son o xerme do sindicalismo galego que a dia de hoxe é maioritario en Galiza».

Neste acto, guiado polo historiador Joam Lopes, participaron protagonistas directos como Alfonso Tellado, Francisco Rodríguez ou Anxo Ferreiro que repasaron en primeira persoa as súas vivencias daqueles días, a loita obreira, a represión policial, a solidariedade de toda a sociedade local ou o tempo que pasaron na cadea como consecuencia do que aconteceu en Ferrol en marzo do 72 e da represión exercida pola ditadura de Franco. Tamén participou Beatriz Fernández, membro da executiva comarcal da CIG quen lembrou o papel trascendental que xoga o sindicalismo nacionalista na defensa da clase traballadora.

Iván Rivas, portavoz do BNG, puxo en valor o papel que o nacionalismo galego ten xogado na recuperación da memoria destes sucesos. Lembrou que si todos os anos o concello fai un acto institucional ao pé do monumento a Amador e Daniel é porque o goberno local nacionalista do BNG así o decidira, igual que retirar a estatua de Franco da praza de España e o feito de que para que se comezara a reivindicar desde o punto de vista político o que aconteceu en Ferrol no 72 tivo que ser da man do BNG no Congreso dos Deputados quen impulsou iniciativas para resarcir as vitimas e represaliados daqueles feitos.

Iván Rivas, lembrou que no 72 os traballadores da Bazán estaban a reivindicar negociar o seu propio convenio colectivo, negociar en Galiza as súas condicións laborais que se estaban a asinar en Madrid sen contar coa súa presencia e curiosamente, a día de hoxe, hai un par de semanas, un goberno progesista asinou unha reforma laboral que entre outras cousas fai prevalecer os convenios estatais respecto dos convenios galegos.

Para rematar Rivas quixo poñer en valor a loita colectiva, a organización colectiva,» é fundamental poñer en valor a loita dos traballadores e traballadoras, pois non podemos avanzar nos nosos dereitos sen confrontación política, sindical e ideolóxica. A homoxeneización do pensamento, de pensar que todo é igual non nos vai levar mais que a anulación. Se hai algo que podemos ter aprendido é que ninguen vai vir de fora a resolver os nosos problemas ou somos nós os que aumimos o futuro e as rendas do noso destino ou ninguen vai vir a salvarnos».

Lea también

El Concello de Ferrol celebrará por primera vez en el rural el inicio de la navidad

La concejala de Zona Rural, Ana Lamas, presentó esta mañana junto con el presidente de …