Axenda cultural este «finde» en Narón

Venres 11 de marzo de 2022

Actividade: “A princesa Mononoke” Ludocinema Hora: 16.30-18.30 Lugar: Ludoteca municipal da Solaina

A actividade enmárcase nos actos programados polo Concello de Narón con motivo do Día Internacional da Muller. Con esta peza darase visibilidade a personaxes femininas protagonistas de historias que promoven a igualdade e o esforzo por superar barreiras sociais. Diríxese a menores de 7 a 12 anos.

Actividade: VII Festival Internacional do monólogo teatral “Singular”: Música para fiambería-Un policial verde Hora: 20.30 Lugar: Pazo da Cultura

A uruguaia Lucía Trentini protagoniza esta obra, na que interpreta a tres mulleres con tres historias que se entrelazan para contar un crime nacido da desesperación e do desamor. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura, a un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). 

Sábado 12 de marzo de 2022

Actividade: Contos vellos, novos finais Hora: 11.00 Lugar: Biblioteca municipal

No programa de actos do Concello con motivo do Día Internacional da Muller inclúese esta proposta, un contacontos para público infantil (a partir de 3 anos) e familiar a cargo de Caxoto Contacontos. Versiónanse o argumento e os finais de contos clásicos e tradicionais para adaptalos á maneira actual de vivir e pensar. (Con inscrición previa)

Actividade: VII Festival Internacional do monólogo teatral “Singular”: Silencio Hora: 20.00 Lugar: Pazo da Cultura

A actriz Blanca Portillo protagoniza este monólogo, meténdose na pel dunha actriz que vai ingresar na Academia e pronunciará un discurso titulado “Silencio” ante un grupo de académicos. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura, a un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). 

Domingo 13 de marzo de 2022

Actividade: VII Festival Internacional do monólogo teatral “Singular”: A viaxe de Rosalía Hora: 18.00 Lugar: Café Teatro do Pazo da Cultura

A narradora e titiriteira Larraitz Urruzola está á fronte deste espectáculo de monicreques unipersoal sobre a figura de Rosalía de Castro. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura, a un prezo de 9,50 euros para o público xeral, de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e de 5,50 para menores de 12 anos

Lea también

Ferreiro e Rey Varela valoran a desmontaxe das líneas de alta tensión entre Narón e Ferrol

UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, está a finalizar o desmonte das dúas liñas de …