Iluminación da glorieta de Freixeiro en Narón con motivo do Día da Endometriose

O Concello de Narón iluminará de cor amarela na noite do vindeiro luns, día 14 de marzo, a glorieta de Freixeiro con motivo do Día da Endometriose.

O Consistorio súmase con esta iniciativa á petición da Asociación querENDO mulleres con endometriose de dar visibilidade a esta enfermidade.

A citada asociación, de ámbito galego, creouse no ano 2015 e ten entre os seus obxectivos contribuír á axuda física, psicolóxica e educativa das mulleres afectadas por endometriose e as súas familias, independentemente do grao ou estadío da súa doenza, tal e como aseguran.

Así mesmo, o colectivo aposta por desenvolver todas as actividades sociosanitarias que sexan precisas para dar a coñecer esta doenza, contribuíndo ó seu diagnóstico precoz e evitando no posible o deterioro da calidade de vida das persoas que a padecen.

Lea también

A Biblioteca de Narón e a Axencia de Lectura da Gándara retoman “Trocolibro”

A Biblioteca de Narón e a Axencia de Lectura da Gándara retoman dende este luns …