Recollida de dúas toneladas de axuda humanitaria para Ucraína, Narón

O Concello de Narón impulsou unha campaña de recollida de produtos de primeira necesidade para enviar á poboación de Ucraína. A recollida das doazóns, que continuará ata este venres día 18, realízase no Centro de Recursos Solidarios de Narón, de luns a venres en horario de 10.00 a 13.00 e os mércores tamén de 17.00 a 19.00 horas; e nos Centros Comunitarios das Vivendas da Mariña e Manuela Pérez Sequeiros en ambos casos de 9.30 a 21.00 horas.

Este luns, día 14 de marzo, sairá do Centro de Recursos Solidarios de Narón unha tonelada doada por veciños da cidade, así como nas instalacións da Cooperativa do Val, se ben o segundo envío partirá a vindeira semana cara ao mesmo punto.

Todo o material levarase ó almacén central da asociación AGA-Ucraína localizado no polígono de Pocomaco, na Coruña, para que eles se encarguen de que chegue á poboación ucraína. Entre as caixas embaladas no Centro de Recursos Solidarios de Narón irá roupa de abrigo, abrigos para nenos e adultos, bufandas, luvas, gorros, sacos de durmir, mantas, comida non perecedeira, algúns medicamentos e tamén produtos de hixiene, xabróns, xel, cueiros…

Dende o Concello recórdase que as doazóns deben axustarse ás recomendacións realizadas dende diferentes entidades e estar en bo estado de conservación e sen envases de cristal debido ó desprazamento. Roupa de abrigo (térmica), mantas, comida (conservas, precociñados, leite en pó e comida para bebés…), e tamén sacos de durmir, colchonetas, produtos de hixiene persoal, mantas, kits de costura, servilletas húmidas, lanternas, mecheiros, tendas de campaña… e medicamentos (alcohol, auga osixenada, antisépticos, gasas, suero fisiolóxico, esparadrapo, tiritas, máscaras, luvas de látex ou vinilo..).

A maiores, tal e como se recomenda dende a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), pódense realizar achegas económicas a través das seguintes entidades: a Coordinadora Galega de ONGD: https://galiciasolidaria.org/como-apoiar-a-poboacion-na-ucraina, Cruz Vermella, Media Lúa Vermella e Comité Internacional da Cruz Vermella: https://www.icrc.org/es/donate/crisis-en-ucrania, a Oficina de Coordinación para Asuntos Humanitarios das Nacións Unidas. Fondo Humanitario para Ucraína: https://www.unocha.org/ukraine/about-uhf, a Axencia das Nacións Unidas para as Persoas Refuxiadas (ACNUR): https://eacnur.org/es/crisis-ucrania

O Concello naronés colaborará tamén na elaboración dun listado para elaborar un rexistro de vivendas baleiras dispoñibles para acoller a poboación refuxiada e tamén para a acollida de familias, podendo as persoas da cidade interesadas en colaborar nestas medidas informar ó Consistorio enviando un correo electrónico á dirección: concellerias@naron.es indicando un nome e apelidos e un teléfono de contacto.

En canto á acollida de menores, seguirase o sistema institucionalizado que incide na necesidade de que se reagrupen coas súas familias na medida do posible, descartándose iniciativas individuais para acoller a menores non acompañados

Lea también

Últimos días para inscribirse en Narón no curso sobre “Xestión de redes sociais con Canva e ChatGPT”

Esta acción formativa impartirase dende o vindeiro 2 de maio ata o 28 de xuño, …