O IES Fene organizou unha charla para conmemorar o 8M

Esther cos alumnos e alumnas do IES Fene | IES Fene

Para conmemorar o 8M, día da muller, este mércores levouse a cabo no IES Fene unha charla sobre o libro «Calladita no eres más bonita» de Nuria Prieto dirixida ao alumnado de 4⁰ da ESO.

O libro narra relatos ficcionados baseados en casos reais de dez mulleres que sufriron violencia de xénero.

A ponente chámase Esther e foi cofundadora e directiva da asociación Xtodas, na que traballou durante algo máis de seis anos e medio, informando, asesorando e sobre todo acompañando a moítisimas mulleres que foron vítimas de distintos tipos de violencia.

Esther además é estudante de Dereito, divulgadora sobrevivinte das Violencias Machistas tales como abusos sexuais infantís, violencia de xénero e violencia doméstica.

Unha vez máis dende o IES e o seu departamento de igualdade queren agradecer á concellaría de Servizos Sociais do Concello de Fene o apoio e colaboración que brinda ao IES Fene para poder levar a cabo estas actividades tan necesarias para a sociedade actual.

Lea también

16 negocios de hostelería participan en una nueva edicion de “Neda a petiscos”

El Ayuntamiento ha presentado este viernes 19 una nueva edición de “Neda a petiscos”. La …