Importante victoria do O Esteo ante Ribeira

O Esteo anotando un dos seus goles ao Ribeira | Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) Gran e sufrida vitoria do O Esteo por 3-2 ante o Ribeira de Piquín para apuntalar a cuarta praza e deixar ao quinto clasificado a catro puntos.

No décimo segundo encontro dos ponteses nesta tempada nas Somozas comezaban adiantándose pronto cun tanto de Jhony axustado ao pau tras pase de Cokito, e pouco despois era Troncho quen empalaba un balón morto ao fondo das mallas tras un primeiro disparo de Guillán.

Asi se chegou ao descanso. No segundo período os de Marcos e Senén contemporizaban o marcador ata que faltando poucos minutos anotaba Christian tras un balón que desviaba un defensa e despistaba a Failde. Pero pouco despois voltaba a ampliar o marcador Héctor.

Houbo que sufrir ata o final, pois Fucho reducía o marcador ata o 3-2 definitivo pero xa co tempo cumprido, e os ponteses sumaban unha nova victoria que os sitúa con 48 puntos antes de visitar ao Racing de Mieres.

O Esteo: M. Failde, Cokito, Alberto, Jhony, Troncho – Héctor, J. Failde, Guillán, Eloy.

Ribeira FS: Illi, Fucho, Quintela, Christian, Pablo – Fran, Rubas, Cisco, Jhordan, Íker.

Goles: 1-0, Jhony (1´), 2-0, Troncho (6´). 2-1, Christian (35´), 3-1, Héctor (37´), 3-2, Fucho (40´).

Incidencias. Amarelas a Troncho, Fucho, Christian, Javier. Máis de 100 espectadores no Pavillón das Somozas.

Lea también

Reserva de entradas para el partido del Racing Club Ferrol frente al CD Tenerife

El Racing Club Ferrol gestionará la reserva de las entradas que el CD Tenerife le ha …