Unidade móbil para inspección técnica de vehículos agrícolas en Narón

Unha das unidades móbiles para a inspección técnica de vehículos agrícolas desprazarase a finais deste mes ás parroquias de Pedroso e O Val.

As persoas interesadas en acudir poden solicitar cita previa chamando ó número de teléfono 902 309 000 ou a través da páxina web: www.sycitv.com.

A unidade móbil estará o día 22 de abril no campo da festa de Pedroso, donde permanecerá operativa en horario de 9.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00.

O día 25 ubicarase na zona do estacionamento da cooperativa do Val, co mesmo horario de atención que en Pedroso

Lea también

Narón acomete melloras no firme de varios parques infantís

A alcaldesa da cidade de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras e Urbanismo, …