Programa «Recupera: Narón por un consumo responsable»

Este mércores, día 6 de abril, rematará o prazo de inscrición no programa municipal “Recupera: Narón por un consumo responsable”. Así o recordou o edil de Mocidade, Pablo Mauriz, que indicou que esta iniciativa se dirixe a mozas e mozos nados entre 2005 e 2009 nados ou escolarizados en Narón.

Esta iniciativa desenvolverase os días 11, 12, 13 e 18 de abril na cidade e concíbese como unha proposta de conciliación da vida familiar e laboral durante a Semana Santa.

As actividades programadas levaranse a cabo en horario de mañá, de 10.00 a 14.00 horas, nas instalacións da Casa da Mocidade e noutras ubicación de Narón e doutros concellos próximos. Entre esas actividades haberá obradoiros de consumo responsable, de reciclaxe de roupa, de creación de personaxes con materiais reciclados, roteiros de sendeirismo… todos eles encamiñados a inculcar unha serie de valores entre os participantes e boas prácticas en materia de consumo responsable.

En total ofértanse vinte prazas e as solicitudes poden presentarse ata as 13.30 horas deste mércores a través do Rexistro municipal, da Sede Electrónica de Narón ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

As prazas adxudicaranse por sorteo e realizarase unha lista de agarda unha vez cubertas as que se ofertan. A listaxe publicarase na web do Concello de Narón, donde previamente tamén se dará a coñecer o lugar, día e hora do sorteo público. Para recibir máis información pódese contactar co Servizo Sociocomunitario municipal, no primeiro andar do Concello ou a través do teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1111).

Lea también

O Goberno de Narón chega a un acordo para manter o servizo de madrugadores

O goberno local e as Anpas de Narón chegaron a un acordo para manter temporalmente …