Proxección do documental «A virxe roxa», Narón

O Pazo da Cultura de Narón acollerá o vindeiro 28 de abril a segunda sesión do Ciclo de Cine Mestre Mateo, un circuíto de cinema en galego impulsado pola Academia Galega do Audiovisual, as catro deputacións galegas e a Secretaria Xeral de Emigración, contando en Narón coa colaboración do Cineblub Serie B.

O concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, indicou que se proxectará o documental “A virxe roxa”, que obtivo o premio ó Mellor documental na vixésima edición dos premios Mestre Mateo.

A cita será ás 20.30 horas e a entrada é de balde, ata completar a capacidade do Pazo. “A virxe roxa” conta a historia de Aurora Rodríguez, que no ano 1933 asasinou á súa filla, Hildegart Rodríguez, unha nena prodixio da política, precoz intelectual e pioneira do feminismo en España.

No documental estarán presentes as voces de recoñecidos actores, como Antonio Durán “Morris” Nerea Barros e María Vázquez. A peza, dirixida a público adulto, ten unha duración aproximada de algo máis de hora e media e os billetes para asistir poden recollerse no despacho do Pazo da Cultura.

O pasado mes de marzo iniciouse na cidade este ciclo, que consta dun total de oito proxeccións, unha por mes, e a través do que se aposta por achegar o cinema en galego á cidadanía en xeral, tal e como recordou Sánchez Fojo

Lea también

Unha unidade de ADOS desplazarase a Narón a vindeira semana

Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase o …