Axenda do 21 ó 24 de abril de 2022, Narón

Xoves 21 de abril de 2022

Actividade: Visitas guiadas á Biblioteca municipal Hora: 18.00 Lugar: Biblioteca municipal

As visitas ás instalacións, que requiren inscrición previa, organízanse para dar a coñecer o centro e os servizos que presta ó longo do ano.

Actividade: Consello Territorial de Freixeiro Hora: 19.00 Lugar: Local da AVV Virxe de Fátima

O local da Asociación de Veciños Virxe de Fátima acolle esta tarde o Consello Territorial de Freixeiro. Estas convocatorias teñen entre os seus obxectivos mellorar o coñecemento do tecido asociativo da cidade e fomentar a colaboración e o traballo en rede co Concello.

Venres 22 de abril de 2022

Actividade: Visitas guiadas á Biblioteca municipal Hora: 11.00 Lugar: Biblioteca municipal

As visitas ás instalacións, que requiren inscrición previa, organízanse para dar a coñecer o centro e os servizos que presta ó longo do ano.

Actividade: Visitas guiadas á Axencia de Lectura municipal da Gándara Hora: 17.30 Lugar: Axencia de Lectura da Gándara

As visitas ás instalacións, que requiren inscrición previa, organízanse para dar a coñecer o centro e os servizos que presta ó longo do ano.

Sábado 23 de abril de 2022

Actividade: “I Convención Cidade de Narón de Defensa Persoal” Hora: De 10.00 a 14.00 Lugar: Casa da Mocidade (A Gándara)

O Concello organiza esta convocatoria xunto co Club Krav Magá Narón. Durante catro horas, as persoas que participen terán a oportunidade de aprender unhas técnicas básicas sobre defensa persoal. A actividade diríxese a adolescentes e persoas adultas.

Actividade: “Cantos, contos e outras animaladas” Hora: 11.00 Lugar: Biblioteca municipal

O Concello organiza este acto dentro do programa do Mes do Libro, con varias propostas para conmemorar o Día Internacional do Libro. Trátase dun contacontos para menores a partir de 3 anos que consistirá nunha revisión de contos de animais da nosa infancia pero convertidos en historias actuais, cargadas de amor e humor. Para asistir é precisa inscrición previa.

Actividade: “IV Festival Internacional de Coros de Narón” Hora: 18.00 Lugar: Auditorio municipal (Praza de Galicia)

O Padroado da Cultura de Narón e a Sociedade Cultural Areosa, de Piñeiros, organizan este evento. Actuarán o Coro Peque Solidarium, o Coro da Capo do Concello de Narón, e as agrupacións corais: Amigos de la Ribera, de Asturias; San Fernando de Sestao (Euskadi) e a da Sociedade Cultural Areosa, de Piñeiros (Narón). A entrada é de balde.

Actividade: “RIF (de piojos y gas mostaza)” Hora: 20.00 Lugar: Pazo da Cultura

A compañía Micomicon trae a Narón este espectáculo teatral, protagonizado por tres soldados do exército español que se atopan nas terras do RIF tralo Desastre Annual do 21 de xullo de 1921. As entradas teñen un prezo de 12 euros para o público xeral e de 8,40 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).

Domingo 24 de abril de 2022

Actividade: “Ponte en ruta con nós” Hora: 9.30 Lugar: Saída e chegada no pavillón polideportivo municipal da Gándara

O Concello retoma o programa municipal Ponte en ruta con nós coa andaina “Paseando por Narón”, cun percorrido duns doce quilómetros polo Camiño Inglés, o Mosteiro do Couto, a rúa Cornido, a zona da Picota e o parque do Couto. Están anotadas para asistir preto de 90 persoas.

Actividade: “I Circuíto de Piragüismo Cidade de Narón” Hora: De 10.00 a 14.00h Lugar: Paseo marítimo de Xuvia (zona do pantalán)

O Concello de Narón e o Club de Piragüismo Narón organizan esta convocatoria, que se celebrará na zona de Xuvia e que reunirá a uns trescentos regatistas chegados de clubs de toda a provincia.

Lea también

El atrio de San Xulián de Narón lucira una talla del patrono confeccionada en el tronco de un árbol

Nuevamente el artesano de la piedra y la madera, y reconocido muralista Carlos García Romero deja …