“Cantos, contos e outras animaladas” acto central conmemorativo do Día do Libro, Narón

A Biblioteca municipal de Narón acolleu este sábado, día 23 de abril, ás 11.00 horas, o acto central programado polo Concello para conmemorar o Día do Libro.

“Cantos, contos e outras animaladas” é o título da proposta que presenciaron os nenos nas citadas instalacións. Acompañados por persoas adultas, desfrutaron dunha proposta cargada de humor e amor centrada nos contos de animais da nosa infancia pero actualizados.

O Concello programou varios actos no “Mes do Libro” que incluíron propostas tanto na Biblioteca Municipal como na Axencia de Lectura municipal da Gándara. Contacontos, propostas para fomentar a integración social, obradoiros creativos para realizar marcapáxinas, bonecos decorativos… formaron parte das actividades que se levaron a cabo este mes nas citadas instalacións. A maiores, esta mesma semana, dende o pasado luns ata hoxe, tivo lugar neses dous centros a proposta “Trocolibro”, para a que se instalaron mesas con libros que a xente podía levar prestados (un por persoa) deixando ou non outro a cambio.

A programación incluíu ademais visitas guiada á Biblioteca, o xoves 21 ás 18.00 horas e o onte ás 11.00 horas, e á Axencia de Lectura da Gándara, o venres 22 ás 17.30 horas. Veciños da cidade achegáronse ás instalacións para coñecer máis polo miúdo o traballo que alí se desenvolve e tamén os servizos que se prestan á cidadanía.

No caso da Biblioteca percorreron a planta do soto, donde están a sección infantil, a bebeteca e a sala de exposicións; a baixa, coa hemeroteca, sección de información e referencia, de audiovisuais e xuvenil; a primeira, donde está a sección de adultos e o arquivo de depósito de libros, e a segunda, donde se localizan as materias de sección de adultos, sala de usos múltiples e de informática.

No caso das visitas á Axencia de Lectura da Gándara percorreron a Aula de informática da Casa da Mocidade e coñeceron a sección de xogos de mesa, que se poden levar en calidade de préstamo, e tamén unha colección especial de cómic manga

Lea también

O Pazo da Cultura de Narón acolle o espectáculo de danza tradicional “Ceibe”

O Pazo da Cultura de Narón acolle esta fin de semana unha nova proposta, o …