Os Consellos Territoriais continúan nas parroquias do Couto e Pedroso, en Narón

Os Consellos Territoriais de Narón continuarán desenvolvéndose esta semana nas parroquias do Couto e Pedroso. Así o recordou a concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, que indicou que terán lugar no caso do Couto este martes, día 26 de abril ás 18.00 horas no local social e no de Pedroso o mércores 27, tamén ás 18.00 horas, no local da Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña.

García presidirá estas convocatorias, ás que tamén acudirán outros representantes da corporación local.

No transcurso das mesmas os integrantes das entidades terán a oportunidade de explicar as actividades que teñen previsto levar a cabo ata finais de ano e tamén plantexar posibles vías conxuntas de dinamización da participación cidadá. Durante aproximadamente unha hora e media e xunto con persoal técnico da Escola de Participación analizaranse diferentes áreas.

Os vindeiros Consellos Territoriais celebraranse en Piñeiros, o día 3 ás 19.00; Doso, o 5 ás 18.00; Xuvia, o 10 ás 18.00; Sedes, o 12 ás 18.00 horas, nos seus respectivos locais sociais e en San Mateo, o 19 ás 18.00 horas na Escola de San Mateo; San Xiao, o 24; O Alto o 25 e na Gándara o 31, estes tres ás 18.00 horas e nos respectivos locais sociais. En xuño terán lugar os dous últimos, o día 2 en Santa Icía- A Solaina, ás 18.00 horas no local social de Virxe do Mar e o 7 en Castro, ás 19.30 horas, no local social “O Paraxe”.

As persoas que desexen asistir a estas convocatorias deberán confirmar previamente a súa asistencia enviando un correo electrónico á dirección: escolaparticipacion@naron.es ou chamando ó número de teléfono 603 865 413. As datas e horarios de cada unha destas convocatorias pode consultarse a través da web do Concello de Narón e das redes da Escola de Participación.

Lea también

Axenda en Narón do 13 e 14 de abril de 2024

Sábado 13 de abril de 2024 Actividade: “XIII Feira multisectorial agrícola” Hora: De 11:00 a 14:00 …