Alumnado do CEIP Ponte de Xuvia visita o Concello de Narón

Escolares de sexto curso de educación Infantil do colexio Ponte de Xuvia desprazáronse este martes, día 26 de abril, ó Concello de Narón no marco do Programa de Recursos Educativos de Apoio á Escola.

Á súa chegada foron recibidos pola abella “Nara”, de Narón, e por un explorador, que os acompañaron durante o seu percorrido e ata o salón de plenos, donde se reuniron coa alcaldesa, Marián Ferreiro.

Os nenos ocuparon os asientos dos concelleiros da corporación local durante a súa estancia no salón de plenos, donde visionaron ás 10.30 horas o vídeo “Nara de Narón”. A continuación, comezou un turno de preguntas, no que se dirixiron á rexedora local para interesarse polo traballo que realiza no seu día a día no Concello, se ten que poñer coroa, se pon multas de tráfico e se fai os desprazamentos en taxi, entre outras cuestións.

Ferreiro respostou ós alumnos, ensinoulles o bastón de mando ó explicarlles que non tiña que poñer coroa senón que nos nomeamentos se entregaba un bastón de mando, e animounos a continuar preguntando calquera dúbida que tivesen sobre o Concello e incluso a plantexar suxestións para a cidade.

Finalmente, a alcaldesa entregoulles un agasallo institucional, unha gorra da abella “Nara” e un exemplar do libro “Narón pinta ben”, con varios espazos moi recoñecidos da cidade para pintar.

O programa municipal inclúe unha serie de actividades nas aulas, que se realizan grazas á colaboración e implicación dos centros de ensino, para que á súa chegada ó Concello os escolares teñan uns coñecementos básicos da citada administración. Así mesmo, antes de regresar ás aulas, os nenos traballan en grupo cun crebacabezas da cidade.

As visitas escolares programadas a través desta iniciativa continuarán en maio, cando están concertadas as visitas de escolares do CEIP Virxe do Mar, o día 3, e do CEIP A Solaina, os días 24 e 31

Lea también

Charlas dirixidas a familias con menores matriculados nas escolas infantís de Narón

A edil de Ensino do Concello de Narón, Olga Ameneiro, informou que os días 22 …