O BNG de Narón insta unha solución para as estradas de San Xiao e o Feal

As estradas DP-5401 (Estrada de San Xiao) e DP-5407 (Estrada do Feal) son dúas das estradas do Concello de Narón con moito tránsito de vehículos pola cantidade de vivendas que hai nelas e porque son dúas vías de comunicación importantes entre a Estrada de Castela e a Estrada de Cedeira.

En calquera das dúas, afirma o BNG de Narón a través dun comunicado,  «atopámonos cunha situación moi perigosa, tanto para peóns como para condutores, que é a inexistencia de beirarrías. Paseando pola estrada comprobamos como os automóbiles se teñen que meter ó medio da estrada, ou incluso ó outro carril, para non atropelar ós peóns, e os peóns parar de camiñar por non ter tampouco arcéns ou espazos onde poder apartar da calzada»

«O ancho das estradas non permite circular peóns e automóbiles ó mesmo tempo, pero tampouco a Deputación pon solución a isto.» engaden

A Asamblea do BNG de Narón «solicitou do Goberno Municipal do Concello de Narón, xa en en Decembro de 2020, que instase á Deputación a poñer solución a todo isto e nada se fixo, polo que de novo voltamos a incidir no mesmo. O Concello é a administración máis próxima á veciñanza e a que ten que mirar polos seus intereses» 

Lea también

Narón acomete melloras no firme de varios parques infantís

A alcaldesa da cidade de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras e Urbanismo, …