O BNG lamenta o «abandono» do Bertón por parte do goberno de Ferrol

María do Mar López e Iván Rivas en rolda de prensa | Adán Puentes

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol acusou ao alcalde da cidade Ángel Mato do «abandono» no que se atopan as parcelas municipais no polígono do Bertón como consecuencia da «deixadez do goberno local á hora de organizar e desenvolver os servizos municipais.«

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, asegurou que Ferrol «ten que dotarse dos medios que lle permitan solucionar esta situación e sinalou a constitución dunha cuadrilla municipal de desbroces como a mellor solución tanto desde o punto de vista da operatividade, como desde o punto de vista de optimizar os recursos económicos das arcas municipais

O BNG advirte que o «preocupante estado» do Bertón, onde as zonas verdes «están totalmente abandonadas e cubertas de maleza así como parque canino, facilitan que fauna salvaxe campe ás súas anchas e provocan molestias as veciñas e veciños, converténdose xa nun problema crónico da cidade, xunto con outras zonas do noso concello na mesma situación administrativa, por quedaren excluída dos traballos de mantemento e conservación de zonas verdes.«

Consideran que o goberno municipal «debe tomar decisións tendentes a reverter a dinámica do Concello en vez de reproducir o mesmo modelo de externalización de servizos públicos que se ten demostrado ineficaz e apostar por desenvolver a xestión directa deste servizo, o que posibilitaría que o Concello de Ferrol podería atender as necesidades de calquera zona do noso concello, como esta, sen preocuparse se as mesmas se atopan incluídas nun prego ou ter que recorrer a contratos menores

Iván Rivas afirma que se trata de que o Concello «vaia asumindo directamente e por parte de persoal municipal a xestión do mantemento destas parcelas.» Esixe que se proceda con urxencia a «acometer os traballos precisos no Bertón tanto no que ten que ver co mantemento das zonas verdes como mellorando o mobiliario urbano e a instalación de papeleiras

Lea también

Se licita la compra de lámparas quirúrgicas para el Arquitecto Marcide de Ferrol

Esta licitación permitirá instalar lámparas quirúrgicas que cuentan con tecnología led de bajo consumo con …