O PSdG-PSOE de Narón organiza unha charla sobre a diabetes

O PSdeG-PSOE de Narón organiza unha charla sobre a diabetes o vindeiro mércores 11 de maio ás 19.00 horas. A charla “Diabetes: o día a día» será impartida por un membro da Asociación de Diabéticos de Ferrolterra na sede do local do PSdeG-PSOE de Narón (Estrada de Castela 278, entresollado esquerdo) e é aberta a toda a cidadanía que queira acudir.

O PSdeG-PSOE de Narón considera que é importante coñecer esta enfermidade e previla, xa que a súa incidencia é maior do que pode parecer a simple vista.

Segundo os datos da Federación Internacional da Diabetes, en 2021 arredor de 537 millóns de adultos padecían diabetes e en 2030 se alcanzará a cifra de 643. Ademais 1 de cada 2 adultos que a padecen están sen diagnosticar.

O secretario xeral do PSdeG-PSOE de Narón, David Pita, anima á veciñanza a participar nesta charla e asegura que é unha boa oportunidade para a aprender a levar unha vida máis saudable e, en caso de sufrir esta enfermidade, saber como controlala.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …