Contacontos infantil «Florencio Delgado Gurriarán, o poeta de Valdeorras» en Narón

A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, anunciou que a Biblioteca municipal de Narón abrirá este martes, día 10 de maio, o prazo de inscrición para asistir ó contacontos infantil “Florencio Delgado Gurriarán, o poeta de Valdeorras”.

A actividade terá lugar este sábado, día 14, ás 11.00 horas nas citadas instalacións e tal e como recordou a edil naronesa, diríxese a nenos a partir de 3 anos.

A compañía Trémola Teatro achegará ós participantes á vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán, autor ó que este ano se adica o Día das Letras Galegas, que se conmemorará o vindeiro 17 de maio. Os menores realizarán de man da citada compañía unha viaxe por algúns do poemas do autor homenaxeado.

As inscricións deben realizarse dende o citado martes ás 16.00 horas de xeito presencial na Biblioteca ou chamando por teléfono ó número 981 382 173, tal e como avanzou Taibo, que animou ás familias da cidade a participar nesta convocatoria.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …