A biblioteca de Fene festexará as Letras Galegas cunha sesión de contacontos

O vindeiro martes, 17 de maio, conmemórase o Día das Letras Galegas, adicado este ano ó poeta Florencio Delgado Gurriarán (Vilamartín de Valdeorras, 1903 Fair Oaks, California, 1987)

Para conmemorar esta data, a biblioteca municipal Xosemaría Pérez Parallé anuncia unha sesión de contacontos titulada “Florencio Delgado Gurriarán. De Valdeorras a México”, a cargo do grupo Polo correo do vento

A actividade terá lugar o próximo xoves 19 de maio, ás 18.00 horas, na biblioteca onde xa se pode reservar praza para asistir á función (presencialmente ou por teléfono, chamando ó 981 34 23 02 en horario de tarde ou o sábado pola mañá)

Polo Correo do Vento é un colectivo especializado en actividades pensadas para o público máis novo co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística dos nenos. Baixo estas premisas, o grupo leva xa feito un longo percorrido, en multitude de centros de ensino, bibliotecas, museos, feiras, librarías e centros socioculturais, dende a aparición dos 7 libros da colección do mesmo nome, publicada por Edicións Xerais de Galicia, a partir do ano 2008

Cada actividade dos Contos Ilustrados de Polo Correo do Vento divídese en tres bloques. Primeiramente, Enrique Mauricio argalla unha historia de xeito oral, namentres Carlos Taboada debuxa un mural in situ, vencellado ó conto. Despois, espállanse no seu contido a través dunha rolda de prensa coa axuda dos dous. Para rematar, entre todos, debuxan unha personaxe do conto, guiados por Carlos Taboada, pasiño a pasiño, e o máis importante: sen medo ningún! A maiores, o grupo conta con Robertiño, o Músico do Quinto Pemento! que, “como lles pasa ós artistas do son, uns pican e outros non! Robertinho, por suposto, é dos que fai fermentar os nosos corazóns!”

Florencio Delgado Gurriarán

Nado en Córgomo o 27 de agosto de 1903 e finado en Fair Oaks (California) o 14 de maio de 1987, foi un avogado e poeta galego. En México fundou a revista Vieiros, con Luís SotoCarlos Velo, a Fundación do Padroado da Cultura Galega, a Irmandade Galeguista e o Ateneo de Galicia. A súa obra está recollida nos libros Bebedeira (1934), Galicia infinda (1963), Cantarenas. Poemas (1934-1980) (1981) e O soño do guieiro (1985). Encargouse da selección e tradución de poemas franceses incluídos en Poesía inglesa e francesa vertida ó galego (1949) e da tradución de Cemiterio mariño de Paul Valéry

Lea también

Nueva edición de Ares Indiano

El alcalde de Ares, Julio Iglesias, la concejala de Cultura, Alma Barrón, y la edil …