Propostas do Plan de Proximidade Local do Concello de Narón

O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, presentou este venres, día 13 de maio, no Concello os resultados do Plan de Proximidade Local do Concello de Narón.

O presidente da Asociación de Empresarios Ferrolterra, Ángel José Torreiro, e o presidente da Asociación de Veciños Chafarís, Manuel Suárez, acudiron á convocatoria, tras participar nas xornadas que se celebraron previamente para elaborar o estudo presentado.

Pita iniciou a súa intervención destacando as vantaxes da economía de proximidade e a importancia que ten para os concellos. “É moi importante fomentar a economía local e certas actividades e servizos que fagan crecer á cidade e nesa liña xoga un papel fundamental este traballo, do que quero agradecer a colaboración que recibimos por parte de todas as persoas que participaron no mesmo”, indicou o edil naronés.

Un dos aspectos sobre os que afondaron na falla de desenvolvemento do sector primario na cidade e tamén nos efectos da pandemia, que nese ámbito permitiron incrementar o senso de pertenza e colaboración, o que pode representar unha oportunidade para ofrecer máis apoio ó comercio e a produción local, tal e como se reflicte no estudo.

O plan de dixitalización das administracións, o aproveitamento dos recursos naturais, a cooperación, o I+d+i… marcan as liñas estratéxicas a seguir no ámbito da economía de proximidade.

A implantación de mercados municipais para incrementar os proveedores locais, a promoción de campañas de sensibilización cidadá para fomentar o consumo local e a fidelización dos produtos locais son tres desas liñas estratéxicas recollidas no estudo presentado o citado venres

Finalmente, Pita recordou algúns dos proxectos que se propuxeron no marco desta inciativa, como: un mercado de produtos de proximidade, unha plataforma de proveedores locais, campañas de fidelización dos consumidores locais, empresas de loxística local, a creación dunha comercializadora de produtos do campo e un circuíto rural de experiencias culturais.

Lea también

Curso de operador de carretillas e plataformas elevadoras-PEMP en Narón

A concellería de Formación, dirixida pola edil Natalia Hermida, convoca un curso de Operador de …