Autobuses gratuitos para asistir ás funcións do Centro Dramático Galego en Cedeira

Coa finalidade de facilitar a afluencia do público ás funcións do Centro Dramático Galego en Cedeira, os vindeiros días 20, 21 e 22 vanse fletar autobuses gratuítos desde Ferrol, Narón, Valdoviño, San Sadurniño, Moeche e Cerdido.

A intención é achegar a toda a comarca este grande acontecemento cultural, xa que é excepcional que unha obra de gran formato como “Ás oito da tarde, cando morren as nais” permaneza varios días na localidade. As entradas están á venda na web ataquilla.com a un prezo de 4€, con descontos para maiores, estudantes, familias numerosas e outros colectivos. A obra está recomendada para persoas de máis de 12 anos.

Haberá autobuses para cada unha das funcións, que serán o venres e o sábado ás 21.00h e o domingo ás 19.00h no Auditorio Municipal de Cedeira, desde os seguintes puntos, sempre procurando que as personas usuarias dispoñan de tempo antes ou despois da función para dar un paseo por Cedeira. Para reservar praza no autobús, quen teña xa comprada a entrada deberá enviar unha mensaxe de whatsapp ó número 649876614 indicando o nome das persoas que van ir no autobús, a data e a parada.

Venres, día 20
Ferrol: (Plaza de Galicia – Correos) 19:40 horas.
San Sadurniño: (Concello) 20:00 horas.
Moeche: (AC862 – Restaurante Delfino) 20:10 horas.
Cerdido: (Concello) 20:20 horas.
Volta desde Cedeira ás 00.00 h.

Sábado, día 21
Ferrol: (Plaza de Galicia – Correos) 19:50 horas.
Narón: (Concello P.Bus Ctra.Castilla) 20:00 horas.
Valdoviño: (Puerta del Sol – Ferreteria Josvy) 20:20 horas.
Volta desde Cedeira ás 00.00 h.

Domingo, día 22
Ferrol: (Plaza de Galicia – Correos) 17:50 horas.
Narón: (Concello P.Bus Ctra.Castilla) 18:00 horas.
Valdoviño: (Puerta del Sol – Ferreteria Josvy) 18:20 horas.
Volta desde Cedeira ás 22.00 h.

Lea también

Valdoviño y Aspaneps favorecen el reciclaje de tapones de plástico

El Ayuntamiento de Valdoviño y Aspaneps, Asociación de Padres de Niños con Problemas Psicosociales,  inician …