Proxección da curtametraxe “A rosa incandescente” en Cabanas

O Concello de Cabanas acollerá este martes 17 de maio, Día das Letras Galegas, a proxección da curtametraxe “A rosa incandescente”, unha peza audiovisual que presenta a unha Rosalía de Castro próxima e directa, interpretada pola actriz chantadina Alba López. Será ás 18h no salón de plenos da casa do Concello

“A rosa incandescente” achega ó público aspectos fundamentais da obra da autora galega, como a súa paixón pola literatura oral, o compromiso co país, a sensibilidade coas persoas marxinadas pola sociedade ou as dificultades que tivo que enfrontar por ser muller e escritora.

A proxección contará coa presenza da guionista da curtametraxe, a cabanesa Anxos García Fonte, quen afondará na figura de Rosalía nunha conversa co público asistente.

Lea también

Un jurado declara no culpable a la mujer acusada de matar a su marido en Monfero

El Tribunal del Jurado ha considerado a la acusada de matar a su marido en …