«Venres de consumo responde» ofrece unha charla sobre “Comercio electrónico”

A Escola Galega de Consumo impulsa a través do Instituto Galego de Consumo e Competencia unha nova charla da iniciativa “Venres de consumo responde”.

A convocatoria será este venres, día 20 de maio, ás 12.30 horas e durante a mesma falarase sobre “Comercio electrónico”. As persoas interesadas en participar na convocatoria deben acceder á web do Instituto Galego de Consumo e Competencia: https://consumo.xunta.gal/gl e pinchar na foto, da páxina principal, á esquerda, que indica “Venres de consumo”

Unha vez nesa ligazón xa se poderá acceder á aula de videoconferencia a través da ligazón habilitada para a mesma. No caso de non ter instalado Webex haberá que premer en “Únase dende o navegador”.

Lea también

O Goberno de Narón chega a un acordo para manter o servizo de madrugadores

O goberno local e as Anpas de Narón chegaron a un acordo para manter temporalmente …