Representación no Pazo da Cultura de Narón da obra «Morgana en Esmelle»

O teatro regresa de novo esta fin de semana ó Pazo da Cultura, coa representación este sábado, día 21 de maio, ás 20.00 horas da obra “Morgana en Esmelle” da compañía Sarabela Teatro.

A cita, prevista inicialmente para finais do pasado mes de abril, pospúxose por motivos alleos ó Padroado da Cultura. A premiada novela do mesmo nome editada no ano 2012 e escrita por Begoña Caamaño foi adaptada para compartir a visión do amor, a xustiza, a violencia, a morte, a liberdade, a opresión… que ten a autora do libro.

As protagonistas son mulleres fortes e apaixoadas e na peza incidirase na necesidade de combater o sexismo e a discriminación históricas. Quico Cadaval, Fina Calleja, Fernando Dacosta, Sabela Gago, Laura Míguez e Elena Seijo forman o elenco desta obra de teatro contemporáneo.

As entradas teñen un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante. Poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es

Lea también

La Asociación de Hosteleros de Narón y Ferrolterra acuerda con el concello de Narón la ampliación del horario de cierre durante Semana Santa

La Asociación de Hosteleros de Narón y Ferrolterra ha dirigido una solicitud formal al Ayuntamiento …