Axenda desta «finde» en Narón

Venres 20 de maio de 2022

Actividade: Mercado Celta en Pedroso Hora: A partir das 18.00 horas Lugar: Inmediacións do local social da Pombiña

Espectáculos musicais, de lume, acrobacias.. forman parte do programa deste evento, organizado polo Concello en colaboración cun colectivo veciñal da parroquia de Pedroso. Haberá instalados na zona unha vintena de postos de venda de produtos artesáns e gastronómicos, obradoiros de oficios artesáns…

Sábado 21 de maio de 2022

Actividade: Día Mundial das Abellas Hora: De 11.00 a 13.00 Lugar: Local social da AVV Rosa dos Ventos (Sedes)

A delegación en Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura organiza unha xornada de portas abertas para dar a coñecer a importancia das abellas e polinizadores e como protexelos. Haberá tamén unha cata, de balde, de mel de Galicia.

Actividade: Mercado Celta en Pedroso Hora: De 11.00 a 14.00 e dende as 17.30 ata as 22.15 Lugar: Inmediacións do local social da Pombiña

Espectáculos musicais, de lume, acrobacias.. forman parte do programa deste evento, organizado polo Concello en colaboración cun colectivo veciñal da parroquia de Pedroso. Haberá instalados na zona unha vintena de postos de venda de produtos artesáns e gastronómicos, obradoiros de oficios artesáns…

Actividade: “Morgana en Esmelle” Hora: 20.00 Lugar: Pazo da Cultura

O Pazo da Cultura acolle este espectáculo teatral, da compañía Sarabela Teatro e baseado no libro do mesmo nome, da escritora Begoña Caamaño. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es

Domingo 22 de maio de 2022

Actividade: Mercado Celta en Pedroso Hora: De 11.00 a 14.00 e dende as 17.30 ata as 22.00 Lugar: Inmediacións do local social da Pombiña

Espectáculos musicais, de lume, acrobacias.. forman parte do programa deste evento, organizado polo Concello en colaboración cun colectivo veciñal da parroquia de Pedroso. Haberá instalados na zona unha vintena de postos de venda de produtos artesáns e gastronómicos, obradoiros de oficios artesáns…

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …