Sesión de contacontos sobre Florencio Delgado Gurriarán en Valdoviño

No marco da conmemoración do Día das Letras Galegas, o Concello de Valdoviño convida a nenos e maiores a asistir este domingo 22 de maio ó contacontos «Florencio Delgado Gurriarán», a cargo da compañía Trémola Teatro.

A actividade desenvolverase no parque de Aviño a partir das 18 h, e en caso de choiva o espectáculo celebraríase no auditorio da casa da Cultura.

O contacontos céntrase na obra e vida de Florencio Delgado Gurriarán, e o público poderá achegarse ós seus poemas a través da súa historia de vida. Unha viaxe que nos axudará a comprender un pouco máis a nosa tradición, facendo paralelismos coa actualidade que estamos a vivir.

Lea también

Ares acada o epicentro de Atenas no marco do proxecto europeo ‘Sporural’

A concelleira de Deportes de Ares, Alma Barrón, e membros do equipo técnico deportivo e …