Corte parcial de tráfico na avenida Santa Icía pola colocación dunha pasarela sobre a vía do tren

A avenida de Santa Icía permanecerá cortada parcialmente ó tráfico rodado na noite do vindeiro martes 24 ó mércores 25 de maio.

Así o anunciou o concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, que explicou que a medida afectará dende as 23.30 horas do martes ós dous carrís de circulación, procedéndose a desviar o tráfico, debidamente sinalizado, polas rúas da Estación e Pai Sarmiento.

Romero indicou que a restrición responde á necesidade de avanzar nas obras de instalación da pasarela sobre a vía do tren en Santa Icía, nas inmediacións do Pavillón Campo da Serra.

“Está previsto que se coloque a estrutura na noite do 24 ao 25, polo que é preciso cortar o tráfico nesa zona”, apuntou, ó tempo que asegurou que “unha vez que a estrutura prefabricada estea fóra da góndola que a transportará procederase a reabrir un dos dous carrís de circulación, debido a que a grúa ocupará parte do outro mentres continúen os traballos e ata o remate dos mesmos”.

O concelleiro naronés solicitou de antemán á cidadanía desculpas polas posibles molestias que poida ocasionar esta medida, necesaria para a execución dos traballos pendientes na zona.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …