El BNG de Ferrol propón que as actuacións da cátedra de arqueoloxía teñan en conta os bens da cidade

María do Mar López e Iván Rivas en rolda de prensa | Adán Puentes

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol propón ampliar o ámbito de estudo e actuacións da cátedra de arqueoloxía que pretende desenvolver o goberno local para que englobe toda a riqueza arqueolóxica do conxunto da cidade.

Defenderán na comisión de Patrimonio Histórico, que se celebrará o vindeiro xoves e na que se abordará esta cuestión, que a cátedra de arqueoloxía de Ferrol «debe ter en conta e incluír como obxecto de estudo e promoción o conxunto de bens arqueolóxicos da cidade para podermos contar cun mapa real de toda a riqueza arqueolóxica da cidade, uns bens patrimoniais que seguen a ser descoñecidos para a maioría do conxunto de veciños e veciñas de Ferrol.«

O BNG defende que elementos como a necrópole megalítica dos montes de Brión, ameazada pola implantación dun parque eólico, o castro de Lobadiz, o castro de Santa Comba, o castro de Leixa, o de Viladóniga, os petróglifos existentes na cidade e outros elementos «non só deben formar parte do obxecto de estudo e análise desta cátedra senón que deben formar parte tamén do programa de accións a desenvolver no marco deste acordo.«

Sinalan que resulta «un tanto contraditorio» que o Concello de Ferrol «presente este convenio coa UDC xusto no momento en que se anuncia que o grao en Humanidades desaparece da oferta de estudos do campus local, unha decisión que contou co silencio do goberno municipal.«

Para o BNG, o Concello de Ferrol «debe velar pola conservación, estudo e promoción dos bens arqueolóxicos cos que contamos na cidade e debe fuxir da idea de converter este tipo de actuacións únicamente nun elemento turístico

Lea también

La Cátedra Jorge Juan, promovida por la UDC y la Armada, conmemora su 30 aniversario en el Campus de Ferrol

El rector de la Universidad de A Coruña, Ricardo Cao Abad, presidida, junto con el almirante …