O BNG de Ferrol reivindica a rehabilitación do mercado de Recimil

O Bloque Nacionalista Galego de Ferroliniciou esta semana unha campaña informativa coa «que pretende concienciar à veciñanza e reivindicar diante do goberno local a urxencia de acometer o proxecto de rehabilitación do mercado de Recimil»

Iván Rivas, portavoz do BNG en Ferrol, considera que «é necesarío que o goberno municipal dea cumprimento aos acordos municipais sobre a rehabilitación do mercado de Recimil. Lembra a Angel Mato que froito do acordo alcanzado co BNG para a aprobación dos orzamentos municipais de 2021, o concello conta cos fondos necesarios para acometer estes traballos tal e como se comprometera co BNG»

Para o BNG «a rehabilitación deste mercado municipal é unha das necesidades básicas que ten o barrio de Recimil e debería ser unha prioridade para o conxunto da cidade xa que é un elemento que contribúe ó desenvolvemento social, económico e residencial desta barriada». «Unha instalación que na actualidade presenta moitisimas deficiencias, tanto de uso, como de ocupación, como polo seu estado de conservación debido ós nulos investimentos que ten recibido durante os últimos anos»

O BNG considera que «Angel Mato desentendeuse do acordo para a rehabilitación do mercado de Recimil e considera, tamén, que a actitude do goberno local neste aspecto é intolerable ó incumprir sistematicamente todos os acordos municipais alacnzados polo BNG para acometer esta rehabilitación»

O BNG desenvolverá nas vindeiras semanas unha intensa actividade informativa entre a veciñanza de Recimil co obxectivo de «dar conta sobre a situación actual deste proxecto de rehabilitación e para esixir que o mesmo sexa executado»

Lea también

Inauguración en Ferrol de la «II Festa do Marisco de Semana Santa»

Se celebra hasta el próximo domingo bajo una carpa en el muelle ferrolano de Curuxeiras …