Axenda en Narón do 24 ó 26 de xuño de 2022

Venres 24 de xuño de 2022

Actividade: “Grand Slam e Campionato de España de Latinos” Lugar: Pavillón polideportivo da Gándara e Pazo da Cultura

O Concello organiza xunto coa Federación Española de Baile Deportivo, a World Dance Sport Federation e o Club de Baile Deportivo Narón estes destacados eventos deportivos na cidade. Levaranse a cabo de xeito simultáneo no Pavillón polideportivo da Gándara e no Pazo da Cultura. Os horarios ó completo poden consultarse a través da web: http://bailegalicia.net/index.php/naron2022/

Sábado 25 de xuño de 2022

Actividade: Actuacións de Lenda Ártabra e Treixadura na sardiñada e churrascada de San Xiao Hora: dende as 18.00 horas Lugar: Centro Cívico Social de San Xiao

O Concello e a AVV “Ceibe” San Xiao organiza esta convocatoria, que inclúe actividades paralelas como xogos populares dende as 18.00 horas. Ás 21.00 comezarán a servirse as sardiñas e churrasco, a prezos populares, e ás 21.30 iniciaranse os concertos programados.

Domingo 26 de xuño de 2022

Actividade: “Ponte en ruta con nós” Hora: Saída ás 9.30 horas Lugar: Mosteiro do Couto

A “Ruta dos muíños” é o itinerario elixido para rematar as tres andainas programadas dende o Padroado de Deportes do Concello de Narón no marco da iniciativa “Ponte en ruta con nós”. Os camiñantes percorrerán un tramo duns once quilómetros pola marxe do río Xuvia e unha vez en Pedroso regresarán en autobús ata o mosteiro do Couto, de donde sairá o grupo.

Actividade: “Grand Slam e Campionato de España de Latinos” Lugar: Pavillón polideportivo da Gándara e Pazo da Cultura

O Concello organiza xunto coa Federación Española de Baile Deportivo, a World Dance Sport Federation e o Club de Baile Deportivo Narón estes destacados eventos deportivos na cidade. Levaranse a cabo de xeito simultáneo no Pavillón polideportivo da Gándara e no Pazo da Cultura. Os horarios ó completo poden consultarse a través da web: http://bailegalicia.net/index.php/naron2022/

Lea también

Unha unidade de ADOS desplazarase a Narón a vindeira semana

Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase o …