Curso de operador de carretillas e plataformas elevadoras-PEMP en Narón

A concellería de Formación, dirixida pola edil Natalia Hermida, convoca un curso de Operador de carretillas e plataformas elevadoras-PEMP con certificación UNE.

A convocatoria forma parte do Programa Municipal de Formación do Concello e diríxese a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas no Concello de Narón, que non teñan concedido outro curso do programa municipal de formación coincidente temporalmente na realización
A concelleira avanzou que se convocan un total de tres edicións, con 10 prazas en cada unha delas e explicou que as inscricións se poderán tramitar ata o 4 de xullo ás 13.00 horas.

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello, a través da Sede Electrónica de Narón ou polos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Cada curso consta dun total de 61 horas (35 de certificación e 26 de módulos adicionais) e impartiranse nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara. As datas previstas de celebración son: do 11 ó 28 de xullo (primeira edición); do 1 ó 18 de agosto (segunda) e do 22 de agosto ó 7 de setembro (terceira), en todos os casos de luns a venres entre as 9.00 e as 14.00 horas.

Operador de carretilla elevadora UNE 58451, operador plataformas elevadoras móbiles de persoal (PEMP) UNE 58923, Prevención de Riscos Laborais sector naval e Medio Ambiente sector naval, módulos transversais de orientación laboral e busca de emprego e de igualdade de xénero, dúas charlas e dúas visitas forman parte do contido destas accións formativas.

O alumnado seleccionarase por rigorosa orde de inscrición e o listado provisional de admitidos, suplentes e excluídos publicarase na Sede Electrónica do Concello de Narón. O alumnado seleccionado será informado telefónicamente da súa admisión, para a confirmación da plaza e terá que comprometerse a cumprir as normas do curso, incluída a normativa en materia de seguridade e hixiene.

Para recibir máis información pódese consultar a páxina web do Concello, apartado de Formación, a Sede Electrónica, ou contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal no teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1109).

Lea también

Unha unidade de ADOS desplazarase a Narón a vindeira semana

Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase o …