A alcaldesa e o presidente da FEBD destacaron o compromiso de Narón co baile deportivo no tradicional

O Pavillón polideportivo da Gándara e o Pazo daCultura continúan acollendo estes sábado e domingo probas deportivas de gran nivel. No Pavillón levouse a cabo na mañá deste sábado, dende as 9.00 horas o Campionato de España de Latinos e pola tarde, a partir das 15.45 o Campionato de España de Danza Coreográfica, para continuar ás 17.20 do de Latinos, que rematou sobre as 22.40 horas.

Ao mediodía, sobre as 14.30 horas, tivo lugar o tradicional desfile de bandeiras, no que os deportistas participantes desfilaron tralas bandeiras dos seus respectivos países. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o presidente da Federación Española de Baile Deportivo, Luis Vañó, interviñeron no transcurso deste acto, no que tamén estiveron os xuíces e representantes de varias federacións deportivas.

O Concello de Narón organizou o evento coa Federación Española de Baile Deportivo, a World Dance Sport Federation (WDSF), o Dance Sport Team e o Club de Baile Deportivo Narón.
Deportistas de Galicia, País Vasco, Cataluña, Madrid, Andalucía, Murcia, Comunidade Valenciana, Castela a Mancha, Canarias, Extremadura, Baleares… participaron no desfile, aos que se sumaron os xuíces, españois e tamén procedentes doutros países. Unha vez na pista do pavillón podelideportivo da Gándara, xunto con outros representantes e directivos da competición e das federacións, dirixíronse aos asistentes a alcaldesa, Marián Ferreiro e o presidente da Federación Española de Baile Deportivo, Luis Vañó.

Ferreiro comezou a súa intervención agradecendo á FEBD en xeral e a Luis Vañó en particular o feito de “darnos esta oportunidade e confiar en Narón
para organizar este Campionato de España”. A continuación a alcaldesa tivo tamén palabras de agradecemento para o Club de Baile Deportivo Narón, como coorganizador do campionato, “porque sen eles non podería ser realidade” e para todas as persoas implicadas na organización, como o persoal do pavillón
polideportivo da Gándara e do Pazo da Cultura para que todas e todos esteamos hoxe aquí desfrutando deste evento”. Finalmente Ferreiro subliñou que “organizamos este campionato en agradecemento á dedicación e ao esforzo de todas e todos os deportistas que practican baile deportivo en Narón” e destacou o traballo dos xuíces e a elevada participación no evento.

Pola súa banda, Luis Vañó, asegurou que “esta fin de semana en Narón é máxico” e recordou que “en sete meses fomos capaces de organizar, grazas a que hai institucións como o Concello de Narón, importantes campionatos que rematamos con este, que continúa mañá”. “Só gaña un pero participamos todos
e desfutamos todos”, asegurou o presidente da Federación Española de Baile Deportivo no peche da súa intervención.

No Pazo da Cultura continuou tamén a actividade este sábado co Campionato de España de Caribeños dende as 8.30 horas e o Campionato de España de
Hip Hop a partir das 16.48 e que rematou ás 19.20 horas aproximadamente.

O Pavillón polideportivo da Gándara acolleu na tarde de venres a competición Grand Slam, unha das tres que este ano se programan a nivel mundial. O primeiro posto do Grand Slam foi para a parella formada polos italianos Francesco Galuppo e Debora Pacini, se ben o segundo foi para Tomas Fainsil e Violetta Fainsil, de Alemaña e o terceiro para Cojoc Rares e Matei Andreea, de Romanía.

O Pazo da Cultura reuniu tamén o venres a destacados deportistas que participaron no Campionato de España de Danza Coreográfica e o Campionato de España de Hip Hop.

Os horarios das competicións previstas para a xornada deste  domingo pódense consultar a través da web da Federación Española de Baile Deportivo, no enlace: http://bailegalicia.net/index.php/naron2022/ .

Lea también

Requerimento a Urbaser por incumprimento do contrato en Narón

O Concello de Narón realizou a pasada semana un requerimento á empresa concesionaria do servizo …