O Bng de Narón leva ó pleno unha moción en apoio ás traballadoras do SAF

 
Nun comunicado o BNG de Narón informa que «as traballadoras do SAF, servizo de atención no fogar, levan máis de 10 anos reclamando un Convenio Digno que até o de agora non foi negociado, as empresas que prestan este servizo néganse tamén no 2022 a subir o IPC, polo que se incumpre o convenio galego e os pregos de condicións»
 
«Isto leva a un malestar xeral entre as traballadoras e a un alto porcentaxe de absentismo que non axuda a unha boa realización do servizo, polo que a Xunta, e non só os concellos, teñen que mediar pola mellora do servizo e iso ten que pasar si ou si por unhas melloras laborais e salariais das persoas traballadoras» finaliza o comunicado
 
 
 

Lea también

Unha unidade móbil ADOS estará operativa o venres 26 en Narón, no barrio de Xuvia

Unha das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este …