Convenios de colaboración co Club Tenis de Mesa Narón e a AD Náutico de Narón

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, asinou este xoves, día 7 de xullo, os convenios de colaboración co presidente do Club Tenis de Mesa Narón, Fernando Montero, e o da Agrupación Deportiva Náutico de Narón, Amando Guerrero.

No transcurso do acto a rexedora local, que estivo acompañada polo edil de Deportes, José Oreona, felicitou ós representantes de ambos clubs locais polo traballo que realizan ó longo do ano e pola súa contribución á promoción do deporte na cidade.

O Concello destinará unha partida conxuntade 41.000 euros ós citados convenios. O acordo co Club Tenis de Mesa Narón permitirá á entidade utilizar as instalacións que emprega habitualmente no local social da Solaina, podendo solicitar outras á área de Deportes para determinados eventos, e potenciará a práctica do tenis de mesa dende as categorías base ata a senior. A entidade comprométese ademais a colaborar en eventos organizados polo Concello no ámbito deportivo.

Pola súa banda, a AD Náutico de Narón, con cargo ó acordo rubricado o citado xoves fomentará a práctica da natación, e triatlón, tamén dende as categorías base ata as senior, e da natación sincronizada dende pre-alevín ata junior, promocionando na cidade actividades vencelladas con estas tres especialidades, tal e como figura no documento.

Lea también

Reserva de entradas para el partido del Racing Club Ferrol frente al CD Tenerife

El Racing Club Ferrol gestionará la reserva de las entradas que el CD Tenerife le ha …