Entrega no Concello de Narón dos vales da campaña de promoción do pemento do Couto

O concelleiro de Promoción Económica de Narón, David Pita, e a xerente da Cooperativa do Val, Marta Vázquez, entregaron este  martes, día 9 de agosto, no Concello os dezaseis vales sorteados entre as persoas participantes na campaña promocional do Pemento do Couto que tivo lugar en 16 locais de hostalería da cidade: Australian Cervecería, New Orleans, Casa Sindo, Tyché, La Bodeguilla, O Rincón de Trini, A Roldana, La Perfecta, Anacos, Continental, La Salmantina, Colonial, Silver, Mesón O Pío, Ambigú do local social da AVV Altea de Xuvia, e Café Bar Félix.

A degustación consistiu no ofrecemento de tapas á clientela, nos citados establecementos, co pemento do Couto como ingrediente principal e nas que destacaban tamén a creatividade na elaboración das mesmas.

O Concello organizou esta convocatoria coa colaboración da Cooperativa do Val, a AVV do Couto e a Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto, co obxectivo principal da exaltación gastronómica deste produto con selo de indicación xeográfica protexida da Unión Europea.

Pita recordou que os vales entregados deberán empregarse ata o vindeiro 31 de outubro e consisten nunha comida ou cea para dúas persoas, valorada en cen euros. O edil de Promoción Económica e a xerente da Cooperativa do Val agradeceron a súa implicación na campaña a todas as persoas que participaron nas degustacións e aos locais de hostalería colaboradores.

Lea también

A REGAPS da Área Sanitaria de Ferrol organiza un ciclo adicado á Fibromialxia no centro de saúde de Narón

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e a Subdirección de Humanización, Calidade e …