Unha unidade de ADOS desplazarase a Narón a vindeira semana

Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase o prçoximo xoves 18 de agosto, á cidade de Narón. O vehículo permanecerá estacionado xunto ó novo Centro de Saúde en horario de mañá e tarde, de 9.30 a 14.30 e dende as 15.30 ata as 21.00 horas.

Na xornada do venres 19 a unidade móbil permanecerá estacionada na Solaina, praza da Constitución, en horario de tarde dende as 15.30 ás 21.00 horas.

Na xornada do sábado 20 a unidade móbil permanecerá estacionada a xunto ó Centro de Saúde en horario de mañá desde as 10.00 ata as 15.00 horas.

Antes da doazón é preciso almorzar e no caso de xantar, deberanse agardar dúas horas para realizar a extracción. Antes de doar haberá que presentar ao persoal da unidade móbil a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar no caso de que se estea tomando algún medicamento. Poden acudir a doar as persoas maiores de 18 anos e que pesen máis de 50 quilos.

Lea también

El PP de Narón solicita la reparacion de la calle Otero Pedrayo

El grupo del Partido Popular en el Concello de Narón ha presentado un escrito por …