Ferreiro asina convenios con tres entidades sociais por un importe conxunto de 24.100 €

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, asinou tres convenios de colaboración cos representantes doutras tantas entidades por un importe conxunto de 24.100 euros.

Os acordos permitirán manter as actividades e servizos que prestan ós veciños da cidade as asociacións de Persoas Xordas de Ferrolterra AXF, Nosa Señora de Chamorro, e Solidariedade Galega co Pobo Saharaui Ferreiro rubricou con Teresa Gallo, presidenta de AXF, o acordo que posibilita a utilización do Servizo de Intérprete de Lingua de Signos, cursos de Formación de Lingua de Signos Española e Servizo de Interpretación de LIngua de Signos a Lingua Oral, e viceversa, e Guía-Interpretación con persoas xordocegas.

A alcaldesa asinou tamén o convenio de colaboración co presidente da entidade Nosa Señora de Chamorro, Juan Manuel Victoria Meizoso, que permitirá desenvolver o proxecto FADAS 2022 de Formación e Apoio ó Desenvolvemento Afectivo Sexual.

Así mesmo, outro dos acordos rubricados por Marián Ferreiro foi coa presidenta da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, María Isla Avión, que permitirá desenvolver o programa Vacacións en Paz e ten como obxectivos fundamentais, entre outros, posibilitar a estadía de nenos sahararuis en acollemento temporal para familias de Narón durante un periodo de dous meses; garantir o seu dereito á saúde realizando a tal fin os controis médicos sanitarios pertinentes; respectar as súas crenzas; favorecer a súa integración no seu medio durante a súa estadía e garantir o regreso ao seu país coas súas familias.

Os representantes das entidades agradeceron a colaboración do Concello cos programas e actividades impulsadas por cada unha delas. Pola súa banda, Ferreiro, destacou o importante labor que levan a cabo cada unha destas entidades con persoas que precisan atencións moi específicas e coas súas familias.

Lea también

El PP de Narón solicita la reparacion de la calle Otero Pedrayo

El grupo del Partido Popular en el Concello de Narón ha presentado un escrito por …