Ferreiro recibe ó naronés Álvaro Fernández Calvo, campión de España de automodelismo

A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Deportes, José Oreona, recibiron este mércores, día 17 de agosto, no Concello de Narón ó campión de España de automodelismo na categoría 1/8 IC Track Álvaro Fernández Álvaro Fernández, deportista do Club RC Narón acadou recentemente o 5º puesto da súa categoría no Campionato de Europa de IC Track (Pista Gas) celebrado en Almussafes, Valencia, e no que participaron uns cen pilotos procedentes de distintos países europeos.

Na recepción coa alcaldesa e o edil de Deportes, o xoven deportista naronés de 18 anos, recordou como a súa afición polo automodelismo comezou aos 10 anos a través de seu pai, quen desenvolve o  labor de mecánico na actividade, e contoulles a súas experiencias nesta modalidade deportiva.

Ferreiro transmitiulle as súas felicitacións pola encomiable traxectoria que está acadando como deportista de automodelismo e manifestoulle o orgullo de que como naronés, leve o nome de Narón en todas as competicións nas que participa, desexandolle moitos éxitos na súa carreira deportiva que constitue un exemplo para moitas persoas.

Lea también

Últimos días para inscribirse en Narón no curso sobre “Xestión de redes sociais con Canva e ChatGPT”

Esta acción formativa impartirase dende o vindeiro 2 de maio ata o 28 de xuño, …