O BNG de Narón reclama que o rural sexa incluído no plan de mobilidade

O BNG de Narón anuncia a través dun comunicado a súa preocupación acerca de que o «PMUS presentado non incluía as zonas periurbanas e rurais. Por iso, antes do documento definitivo proponen que sí sexa engadido para que a mobilidade sexa entendida de maneira integral no concello»

“Consideramos que unha parte tan extensa do territorio é esquecida moitas veces debe ser integrada no plan: hoxe o rural xa conta con menos servizos, mobilidade máis precaria en canto transporte público e, ademais, cunha media de idade máis avanzada que precisa medidas específicas” indica Olaia Ledo, portavoz municipal do BNG de Narón

Máis información da proposta a través deste enlace https://www.naronparticipa.es/es/naron/proposals/project/1610/7231

Lea también

A REGAPS da Área Sanitaria de Ferrol organiza un ciclo adicado á Fibromialxia no centro de saúde de Narón

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e a Subdirección de Humanización, Calidade e …