Éxito de participación na Gran Festa Infantil Cidade de Narón celebrada no Parque de Freixeiro

A Gran Festa Infantil Cidade de Narón organizada polo Concello dende a concellería de Festas, dirixida pola edil Natalia Hermida, acadou novamente este sábado, día 3, un éxito de participación. O parque de Freixeiro foi o lugar elixido un ano máis –tras dous de parón pola pandemia- para levar a cabo este evento multitudinario, que comezaba ás 12.00 do mediodía para realizar un descanso a partir das 14.00 e regresar de novo de 16.00 a 20.00 horas.

O parque de Freixeiro e algunhas rúas próximas acolleron os inchables acuáticos, o circuíto de karts, o inchable xigante e o resto de atraccións instaladas para a ocasión e das que puideron desfrutar de balde as rapazas e rapaces que se achegaron á zona.

A festa continuou durante a tarde, cos inchables, pintacaras, batallas campais acuáticas de 17.00 a 18.00 horas, unha festa “holy” entre as 18.00 e as 19.00 horas e, para despedir o verán antes de que as nenas e nenos regresen ás aulas, a xa tradicional festa da escuma, de 19.00 a 20.00 horas e da que desfrutaron todos os asistentes.

Lea también

O Pazo da Cultura de Narón acolle o espectáculo de danza tradicional “Ceibe”

O Pazo da Cultura de Narón acolle esta fin de semana unha nova proposta, o …