O Concello de Neda anima aos maiores da vila a apuntarse no programa de termalismo social

A concelleira de Servizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade, Leonor Canosa, animou onte aos maiores da vila a apuntarse no programa de Termalismo Social. Tan só teñen que acudir á Oficina de Servizos Sociais, ubicada na casa consistorial, pranta baixa, e solicitar a participación na iniciativa. A responsable municipal do servizo encargarase de tramitar toda a documentación necesaria para formalizar a inscrición ante o Imserso. ¿Prazo? Ata o próximo día 16 de maio. O horario de atención ao público é de 9 a 14 horas luns, martes, xoves e venres.
Nesta liña, Leonor Canosa explicou que este programa permite encher o tempo de ocio do colectivo da Terceira Idade e, por outra banda, procurarlles un ocio saudable, que repercutirá positivamente no seu estado físico e mental. A través de Termalismo Social, os pensionistas maiores de 65 anos e os seus cónxuxes poderán disfrutar de doce días nun balneario en réxime de pensión completa. Estancia que inclúe tamén un tratamento termal adaptado ás súas necesidades. Coa subvención do Imserso, a persoa beneficiaria terá que aboar o importe de 350 euros e sufragar os gastos de traslado ao establecemento.
Cabe destacar que a oferta inclúe balnearios de toda España e, entre estes, un total de dezaseis na Comunidade Autónoma de Galicia. É precisamente o usuario do servizo quen elixe destino nun calendario de viaxes que soe iniciarse en agosto e remata en decembro.

Lea también

La Guardia Civil investigó a un vecino de Miño por circular dos veces con su coche en sentido contrario el mismo día

El Grupo de Investigación y Análisis de Tráfico (GIAT) del Sector de Tráfico de Galicia, …