Cabanas acolle a exposición “Cantámola”

O Concello de Cabanas acollerá a próxima semana a exposición “Cantámola” unha mostra dedicada á música do noso país, formada por 14 paneis que amosan a rica oferta musical de Galicia e en galego, en ambitos como as músicas urbanas, rap, mestizaxe, experimentación electrónica, pop–rock ou infantil, entre outros.

A exposición está organizada polo Servizo de Normalización Lingüística que o Concello de Cabanas comparte cos concellos Valdoviño, Ares, Mugardos e Neda a través da Mancomunidade, e percorrerá ditos concellos tras o seu paso por Cabanas. Enmárcase dentro dos actos de celebración do Día do Orgullo Neofalante, que se conmemora o próximo 1 de outubro, coincidindo co nacemento de Andrés do Barro.

En Cabanas, a exposición poderase visitar nas instalacións da Casa do Concello desde o luns 19 ao mércores 21 de setembro. Do xoves 22 ó venres 23 estará no CEIP Eladia Mariño.

 Acto inaugural con Pepe Cunha e Sofía Espiñeira

Aínda que a mostra poderase visitar desde o luns á mañá, o acto inaugural está programado para as 19 horas do luns 19 de setembro, na Casa do Concello de Cabanas, e contará coa participación de representantes dos cinco concellos da comarca que acollerán a exposición (Cabanas, Valdoviño, Ares, Mugardos e Neda), ademais da deputada provincial de normalización lingüística, María Muíño.

Ademais, tamén estará presente no acto inaugural Pepe Cunha, creador da exposición, e Sofía Espiñeira, quen ofrecerá un concerto.

Lea también

As Pontes renova os convenios con Aspanaes e a Residencia A Magdalena

O Concello das Pontes renovou este lunes 22 os convenios de colaboración con Aspanaes e …