Emisoras comunitarias e municipais de todo o Estado promoven á constitución dunha supra entidade estatal

O Proxecto Onda ODS, no que participan máis de 300 medios locais de todo o Estado, abriu a porta a unha colaboración máis estreita entre as entidades que o promoven, convencidas dos beneficios que para o colectivo de emisoras municipais e comunitarias reportaría unha vinculación estable e articulada mediante una supra entidade estatal que as aglutine.

Aproveitando a emisión desde Oleiros do espazo radiofónico inaugural da programación de Onda ODS e co propósito de avanzar e darlle forma a esta entidade
xurídica, representantes de todas elas participaron nunha xuntanza na que estiveron presentes, por parte das Emisoras Municipais Galegas (EMUGA-Radiofusión), Henrique Sanfiz, Susana Falcón e Pablo García; así como Pablo Crespo, Concepción Cabrera e Guillermo Buteau, das Emisoras Municipais de Andalucía (EMA-RTV); Mariano Fernández e Francisco Aguado, da Rede Estatal de Medios Comunitarios; María López, Manuel Calbet e Susanna Cabiscol, de Ràdio Televisió Cardedeu-La Xarxa; e Pilar Moreno, coordinadora das Emisoras Municipais Valencianas.

O propósito non é outro que o de afondar nesa colaboración e dar pulo ás emisións e á programación local, aproveitando sinerxías de traballo na produción conxunta de contidos, asumindo proxectos colectivos e definindo os camiños polos que deben transitar para manter uns parámetros de competitividade dentro dun paradigma de comunicación dixital cada vez máis esixente.

Atopar que tipo de fórmula xurídica sería a máis axeitada para dar cabida no seu seo a colectivos e agrupacións tan dispares e que representan unha realidade múltiple e heteroxénea no contexto dos medios comunitarios e municipais do estado foi o punto de partida dun enriquecedor debate no que tamén se trazaron as directrices sobre as que elaborar uns estatutos acorde ás peculiaridades de todas elas.

Lea también

Ares acada o epicentro de Atenas no marco do proxecto europeo ‘Sporural’

A concelleira de Deportes de Ares, Alma Barrón, e membros do equipo técnico deportivo e …