O Pazo da Cultura de Narón acolle a exposición «Rostros da memoria Ferrol 1972»

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, inaugura este venres, día 30 de setembro ás 18.00 horas, no Pazo da Cultura a exposición “Rostros da memoria Ferrol 1972”, do recoñecido fotógrafo coruñés Xurxo Lobato.

O autor das imaxes estará presente na convocatoria, na que se aposta por homenaxear ás persoas que padeceron a represión do réxime franquista. A mostra poderá verse na zona de acceso ó edificio do Pazo ata o vindeiro 13 de outubro, tal e como avanzou a rexedora local.

Unha trintena de retratos en branco e negro compoñen esta exposición, na que o paso do tempo polos protagonistas constata a dor que sufriron na época. As imaxes amósanse en soportes autoportantes con forma de cubos de grandes dimensións, aptos para mostras en exteriores.

Lobato é o autor tamén dun catálogo titulado “Rostros da memoria” no que se recollen os rostros en branco e negro de 45 persoas que viviron na etapa da Guerra Civil Española e a posguerra. A continuidade dese proxecto de Xurxo Lobato é a mostra que se poderá ver nos vindeiros días na cidade, cos retratos dos supervivintes cincuenta anos despois.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …