Ábrese inscrición en Narón para participar na Feira do Mel

O Concello de Narón ultima os preparativos dunha nova edición da Feira do Mel, que se celebrará o día 23 deste mes no recinto feiral do Trece, na parroquia de Sedes.

O edil de Feiras e Mercados, Santiago Galego, animou ós produtores da zona a inscribirse neste evento para participar e poder vender mel ou produtos elaborados con mel. “Esta feira suporá unha oportunidade de mercado e, ó mesmo tempo, de dar a coñecer á cidadanía a gran cantidade de produtores que hai en Narón e comarca”, asegurou Galego.

O evento, indicou o edil, conta coa colaboración da delegación en Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura (AGA). O concelleiro naronés informou que as persoas interesadas en participar como vendedores de mel ou derivados poden anotarse, de balde, dende este xoves, día 6 de outubro, ata o vindeiro 14 de outubro ás 14.00 horas a través do correo electrónico: me.mendez@naron.es

Para facelo, deben facilitar o nome e apelidos da persoa vendedora, un número de DNI, unha dirección postal e un teléfono de contacto. A Feira do Mel celebrarase o 23 de outubro en horario de mañá e tarde e ademais de postos de venda e expositores acollerá un variado programa dirixido ás familias que se está ultimando dende o Consistorio, tal e como avanzou Galego

Lea también

Aberta a inscrición na primeira andaina deste ano en Narón do programa “Ponte en ruta con nós”

O Concello  de Narón mantén aberto, ata mañá  mércores 24 o prazo de inscrición na …